Tal e como adiantara o conselleiro de Educación, as clases comezan de novo este venres, día 8 de xaneiro. Román Rodríguez, declarara onte que esa era a previsión, salvo que Sanidade entendese que o máis seguro fose volver o luns, 11.
Non foi así: o ‘comité clínico’ da Xunta, reunido este luns, ratificou o día 8 coma o de inicio da actividade escolar logo das vacacións, logo de constatar que as aulas cumpren as normas anti COVID.