A Xunta vén de intervir a residencia de maiores ‘Paz y Bien’ de Tui, xestionado polas franciscanas, co fin de “reforzar o persoal do centro”.
Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co “obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde, tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro”.
82 contaxios por COVID, 66 anciáns e 16 traballadores
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) confirmou hoxe que o centro rexistra 82 casos positivos por coronavirus, 66 usuarios e 16 traballadores do mesmo. Este número podería ser aínda maior de confirmarse que, según fontes do persoal, 34 dos 50 empregados están illados.
Un equipo da Consellería de Política Social está xa no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene.
Profesionais do Sergas tamén “velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia”.