O Concello aprobou na reunión deste martes outras 18 axudas adicionais de emerxencia por importe de 2.730€. En total, desde marzo do pasado ano, xa foron entregadas 11.617 achegas por importe de 1.628.313,27 €.
A día de hoxe hay aloxadas 114 persoas sen recursos. No albergue municipal de Marqués de Valterra hai 37 prazas ocupadas; na Fundación Santa Cruz hai 12 persoas aloxadas e outras 65 están en hostais e hoteis custeados polo Concello.
A Unidade de Rúa atende a 14 persoas que rexeitaron ir a o albergue ou a un hostal e se lles deu o kit de hixiene e comida feita na cociña do albergue municipal.