Comarcas Vigo al minuto

Os descendentes de Bóveda, Caamaño e Paz, presentan querelas polos seus fusilamentos en 1936

“Hoxé é un día importante para loitar contra a impunidade, o silencio e o esquecemento dos crimes de lesa humanidade cometidos durante o Franquismo”.

Descendentes do dirixente galeguista Alexandre Bóveda, de Amancio Caamaño, presidente da Deputación de Pontevedra e do impresor e líder político Ramiro Paz, presentaron querelas polos fusilamentos dos seus familiares, en 1936 en Pontevedra, logo do golpe de estado do xenocida Francisco Franco.

Hoxé é un día importante para loitar contra a impunidade, o silencio e o esquecemento dos crimes de lesa humanidade cometidos durante o Franquismo“.

Así o manifestaron esta mañá cando presentaron no Consulado arxentino en Vigo as querelas contra o franquismo. As mesmas se unirán á causa seguida pola xuíza Servini na Arxentina polos asasinatos acontecidos en agosto e novembro do 1936 en Pontevedra

Cartas, fotografías e outras probas da represión sistemática

A  querela, segundo explicou a avogada da equipa de Dereitos Humanos do Grupo de Avogados Novos de Vigo Irene Álvarez Francés, requiriu dun traballo de moita recompilación de datos que deu os seus froitos. “Neste labor contamos con causas sumarísimas que poderían ter facilitado o traballo, pero conseguir certificados e outra documentación como cartas, fotografías ou outros elementos que puidesen probar a represión sistemática das familias que se adhiren á querela tivo as súas  dificultades”, subliñou.

O Estado está a consolidar un sistema de impunidade fronte aos asasinatos franquistas

Álvarez destacou a importancia da adhesión das familias á querela arxentina “basicamente porque nos atopamos nunha situación na que o Estado Español está a consolidar un sistema de impunidade porque non quere investigar e enxuizar os crimes de lesa humanidade cometidos durante toda a ditadura franquista e durante a transición”, afirmou.

Subliñou que a formalización da querela -coa colaboración con CeaQua e a Iniciativa Galega pola Memoria- supón un paso que consolida o inicio das reclamacións en Galiza e permite avanzar e “recompilar máis casos, seguir nas pesquisas e loitar contra a impunidade e o silencio e esquecemento dos crimes cometidos de lesa humanidade nese periodo”.

También te puede interesar