Galicia Vigo al minuto

Feijóo culpa ao Goberno das novas medidas restritivas que tome a Xunta ante a COVID

Pide adiantar o ‘toque de queda’ en Galicia das 22 ás 20:00h.

O presidente da Xunta sinalou ao Goberno coma o responsable das “medidas maís restritivas” que teña que toar Galicia ante o descontrol da COVID.

Para o presidente Feijóo, esta será a consecuencia da negativa do Goberno central de adiantar o ‘toque de queda’ ás 10 da noite.

Pide que o ‘toque de queda’ sexa ás 8 da tarde

Feijóo, quen en outubro cualificara de “demoledor” o toque de queda, pediu hoxe que o mesmo sexa ás 20 h e non ás 22:00h. “Se funcionase a partir das 20:00 horas e todos nos refuxiásemos nas nosas casas, as medidas restritivas serían menores”, declarou o presidente hoxe.

Menos mobilidade ou o peche de actividade non esencial

Entre as medidas ás que apuntou Feijóo están restrinxir máis a mobilidade, limitar a interación social ou, como se fixo en Arteixo, Xinzo e Viveiro, pechar a hostalería e toda actividade non esencial, considerando que a Incidencia Acumulada a 14 días supera xa os 600 casos por 100.000 habitantes.

En todo caso, o presidente apuntou a que calquera decisión terá que gardar á vindeira semana. O luns haberá unha reunión do Comité Clínico para tratar este tema.

Te podría interesar