A Asociación Veciñal de Teis, demanda do Concello que realice unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía. Desde o pasado mes de decembro, o Concello encargou a unha empresa a tala de arbores na súa maioría eucaliptos e acacias, no entorno da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados.
O pasado 5 de xaneiro está Asociación dirixiuse por correo electrónico e logo polo rexistro a Concellaría de Parques e Xardíns, solicitando información sobre cal era os motivos desta tala, a necesidade de realizar unha plantación de arbores autóctonas nestes terreos e que o Concello mercara aqueles que son privados.
Evitar que regresen as especies invasoras
A plantación de arbores autóctonas ( carballos, castiñeiros, bidueiros ou sobreiras) evitaría que en poucos anos nestes terreos estén ocupados novamente por eucaliptos e acacias, arbores invasoras e así poder cunha nova masa forestal no monte da Guía.
Desde a Asociación, tamén reivindican que o Concello merque os terreos privados onde se realizou a tala, ao estár abandonados. Isto suporía, posto que están no entorno da praia da Punta e do paseo do borde do litoral, aumentar o espazos de lecer e esparcemento na praia e no monte.