Cultura

A Deputación recuperará o muiño do Castelo de Soutomaior

Os traballos contan cun orzamento de 10.000€

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a posta en marcha dun novo contrato para a reparación do muíño de auga do Castelo de Soutomaior. O mesmo está datado na década dos oitenta do século pasado.

As obras para volver a poñelo en funcionamento contemplan a reparación, elaboración ou substitución de pezas, así como os tratamentos necesarios para o acondicionamento do muíño. As mesmas contan cun orzamento de 10.000€.

Este proceso vaise reparar o rodicio, repoñendo tres aspas novas e colocando un eixo de forxa. Tamén recuperarase a viga de apoio do rodicio que regula a altura e realizarase unha nova vara de regulación da moa en forxa ou aceiro inoxidable. Amais substituiranse as pezas necesarias do tarabelo en madeira nova con tratamento antixilófago e de cera de abella natural e, finalmente, realizaranse actuacións para separar o caudal do muíño.

O muíño, situado ao pe da pista de terra que da servizo á capela e que conduce ata a “cadeira da Marquesa”, estaba destinado ao aproveitamento hidráulico.

Coa reparación que vai acometer estes meses a Deputación de Pontevedra
prevese solucionar os problemas orixinados polo paso do tempo para recuperar un elemento máis, propio da arquitectura popular galega.

También te puede interesar