En Vigo apenas se manteñen na actualidade tres parques dispoñibles. “Este- formato do Concello de facer macro parques infantís en lugar de facer parques máis pequenos que-queden máis facilmente diseminados nunha zona xeográfica están xerando un efecto de masificación como o que se puido ver esta fin de semana na rúa Venezuela”, denuncia o voceiro municipal de Marea de Vigo.
Para Rubén Pérez a “a decisión do. Goberno local de non mantelos abertos redúcese ao aforro en canto aos custos de desinfección permanente que significaría manter estas áreas abertas” engade.
O Ministerio de Sanidade pide que se manteñan abertos
Dende o Ministerio de Sanidade pediuse aos Concellos recentemente que mantiveran abertas estas áreas recreativas en exteriores, incluso sendo preciso que haxa persoal para controlar o aforo. “Trátase dunha medida excepcional para levar a cabo de xeito inmediato, permitindo evitar así as aglomeracións nos macro parques” engade o voceiro.
Menos ‘macro parques’ e máis parques en máis zonas
Rubén Pérez sinala ademais que “o modelo dos macro parques, xa con independencia do momento que vivimos é un modelo que non defendemos, por cuestións tan básicas como as que teñen que ver coa seguridade dos nenos e nenas, sendo nestes parques máis complicado para os pais poder velos/as correctamente”. En lugar de facer estes macro parques, trataríase de facer máis parques en distintas zonas.
“Sabemos que o Concello non pretende emendar esta política de grandes parques cuxo custo en mantemento é moi alto, mesmo está a proxectar un novo na rúa Coruña, mais o que pedimos hoxe é que se abran todos os parques infantís e áreas biosaudables, mantendo unha política seria de desinfección permanente e varias veces ao día, e se contrate ao persoal necesario tanto para isto como para controlar os aforos. É algo que consideramos se debe facer mentres non estea a vacina xeralizada e polo tanto, desapareza o virus” enfatiza Rubén Pérez.