No que vai de mes, Sanidade leva citados a participar nos ‘cribados poboacionais’ a un total de 56.534 persoas da Área Sanitaria de Vigo. O índice de participación foi do 62,7%; isto é, finalmente decidiron realizarse as probas diagnosticas 35.455 persoas. Destas, detectáronse 106 casos positivos.
24 casos positivos de 34.252 persoas citadas en Vigo
Ademais do cribado masivo á poboación de Vigo realizado no IFEVI – no que se convocou a 34.252 persoas, cunha participación do 61% e 24 casos positivos- , tamén efectuáronse neste mes cribados a outros concellos da Área viguesa. Neles foron citadas 22.282 persoas, participaron 14.485 (un 65%) e diagnosticáronse 82 casos positivos. Desagregados por Concellos e centros de ensinanza quedaría da seguinte maneira:
-Concello de Porriño: 7.000 persoas citadas no IFEVI, acudiron 4.388 (un 62,7%) e diagnosticáronse 23 positivos
-Concello de Salceda de Caselas: 3.000 persoas citadas, acudiron 2.084 (un 69,4%) e diagnosticáronse 5 positivos
-Concello de As Neves: 1.669 persoas citadas, acudiron 1.100 (un 65,9%) e diagnosticáronse 3 positivos
-Concello de Redondela: 3.000 persoas citadas, acudiron 1.929 (un 64,3%) e diagnosticáronse 15 positivos
-Chapela (Redondela): 3.000 persoas citadas, acudiron 1.909 (un 63,6%) e diagnosticáronse 9 positivos
-Concello de Mondariz: 1.811 persoas citadas, acudiron 1.191 (un 65,7%) e diagnosticáronse 8 positivos
-Concello de Mondariz Balneario: 380 persoas citadas, acudiron 236 (un 62.1%) e diagnosticáronse 4 positivos
–CPR Apostol Santiago (Vigo): 356 persoas convocadas, acudiron 338 (un 95,6%) e non diagnosticouse ningún positivo
-CPI Mondariz: 382 persoas convocadas, acudiron 262 (un 65,5%) e diagnosticouse 1 positivo
–Instituto Politécnico de Vigo: 1.684 persoas convocadas, acudiron 1.048 (un 62,2%) e diagnosticáronse 14 positivos
4.000 citados de Cangas e Moaña
A Xunta continúa coa estratexia de desenvolver cribados masivos e, de feito, en algúns concellos nos que xa se fixeran cribados, estanse agora realizando unha segunda volta.
Mañá mesmo repetirase o cribado á poboación dos Concellos de Cangas e Moaña. Así, están sendo citadas 4.000 persoas (2.500 de Cangas e 1.500 de Moaña) no Pavillón de Rodeira, ata onde achegaranse os equipos de profesionais sanitarios para realizar a aquelas persoas citadas que voluntariamente se presenten, unha proba PCR.