'Qué te cuentas?' Galicia

2.300 persoas beneficiáronse en Vigo da ‘Tarxeta Básica’ da Xunta

Para os fogares unipersoais a axuda é de 150€ mensuais, para os fogares con dous membros é de 200€ e para as familias con tres membros ou máis a axuda chega aos 300€

A Tarxeta Básica, posta en marcha pola Xunta o pasado mes de xullo para atender ás persoas máis vulnerables fronte aos efectos socioeconómicos da crise sanitaria da Covid19, leva beneficiado a 2.300 persoas en Vigo.

Isto significa que se emitiron 1.200 tarxetas nas que o Goberno galego investiu preto de 800.000€, aseguran dende a Xunta.Vigo é a terceira cidade de Galicia na que máis tarxetas se dispensaron.

35.200 beneficiados en Galicia

No conxunto de Galicia, o número de beneficiarios ascende aos 35.200. O número de tarxetas emitidas é de 20.800 tarxetas, nas se levan investido un total de 13,8 millóns de euros.

A Xunta ampliou a Tarxeta Básica ata xuño do ano 2021, cunha vixencia máxima de nove meses por tarxeta.

O importe desta axuda depende do número de membros da unidade familiar. No caso dos fogares unipersoais a axuda é de 150€ mensuais, para os fogares con dous membros é de 200€ e para as familias con tres membros ou máis a axuda chega aos 300€ mensuais.

También te puede interesar