O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezará a vacinar, este luns, día 22, fronte á Covid-19 á maioría das máis das 200.000 persoas maiores de 80 anos que hai en Galicia.
Se non hai problemas co subministro de doses de Pfizer, que son as que se empregarán, a previsión, coma sinalou o presidente Feijóo, é que este proceso durará ata principio de maio.
400 lugares de vacinación
A vacinación será nos centros de saúde das sete cidades galegas, nos puntos de cabeceia e nos PAC (Puntos de Atención Continuada), en total 400 puntos en toda Galicia. Así mesmo, como sinalará o presidente da Xunta, no caso daquelas persoas que non poidan desprazarse, por ter problemas de mobilidade, os persoal sanitario irá ás súas casas.