A ANPA da Escola Infantil Santa Marta, representantes da traballadoras e a Asociación Veciñal Casco Vello e FOANPAS denunciaron hoxe que non hai unha solución para a escola.
“Lembramos que este é un problema creado pola falta de previsión por parte do Concello, xa que sabendo do derrube, non se buscou unha solución para a continuidade do centro”, aseguraron en rolda de prensa.
11 traballadoras perderán o seu emprego
“Non nos opoñemos a este derrubo, pero temos claro que non se pode perder unha dotación educativa neste barrio. Ademais, hai 11 traballadoras que van perder o seu posto de traballo e para as que, a día de hoxe, tampouco hai solución”.
Estes colectivos non comparten a reubicación das crianzas noutras escolas infantís da cidade xa que, “ademáis dos trastornos que iso conlevaría para as familias, suporía a perda da escola e, reiteramos, que o barrio non pode quedar sen escola”.
Manifestación ás 7 da tarde
Por iso, este venres, 26 de febreiro, ás 19:00 h, convocan unha manifestación que sairá da EIM Santa Marta e percorrerá as rúas do entorno.