A Plataforma na Defensa da Hostalería cre que a Xunta está somentendo ao sector a un “estado policial”. Nunha nota enviada aos medios de comunicacións pide “diálogo” para revisar as medidas da desescalada que entraron en vigor o venres.
Unhas medidas “confusas e alleas á realidade”
Esta plataforma cualifica coma as medidas para iniciar a desescalada, publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 25 de febreiro, coma confusas, alleas á realidade, faltas de claridade, diferidas e que someten a ao sector a un “estado policial”.
Ao seu entender, a Xunta “profunda na culpabilizaicón da hostalaría”, acusando directamente ao presidente Feijóo, o vicepresidente Rueda e ao conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, quen onte advertiu que as terrazas non cumpren o 50% de aforo pactado cos hostaleiros.
Madrid como modelo
A Plataforma na Defensa da Hostalería rexeita o que cualifica coma “intervención policial dos negocios”. e denuncia que un axente de policía pida ser “inspector, instrutor e sancionador no mesmo acto”.
A xuízo desta asociación, a Comunidade de Madrid é o modelo, aseguran que alí “están a dobregar a curva” coa hostalería aberta.
Máis cartos da Xunta
Para a Plataforma a Xunta ten que aprobar un plan de rescate da hostalería “acorde á gravísima situación” dos negocios. Aseguran que non discuten as medidas aprobada polas autoridades sanitarias pero creen que non se cumpre a regra de que “quen impide o exercicio dunha actividade legalmente establecida, paga”.