Segundo informa a Consellería de Facenda e Administración Pública, o seguimento da folga convocada con motivo do Día Internacional da Muller está a ser dun 4,34%, no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia e dos seus entes adscritos.
En canto aos ámbitos sectoriais, o seguimento da folga é do 2,42% en Educación; do 3,07% en Sanidade, e do 9,65% na Administración de Xustiza.
Por delegacións territoriais, o seguimento da folga é do 0,79% na Delegación de Lugo; do 0,99% na de Ourense; do 2,50% na da Coruña e do 3,68% nas Delegacións de Pontevedra e Vigo.