Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras denuncian as “drásticas podas” realizadas no cemiterio de Pereiró. Alí, nove exemplares de Tilos que rodean a capela do cemiterio foron “mutilados” sen motivo aparente.
Ambas organizacións fan un chamamento ao Concello de Vigo para que non se volvan a repetir estos desmochados e que “as podas sexan realizadas sempre por técnicos cualificados en arboricultura”.
Árbores que non teñen que podarse
Os tilos mutilados no cemiterio de Pereiró pertencen a unha especie que desenvolve de xeito natural unha gran copa que aporta unha frondosa sombra. Esta especie cotribúe con númerosos beneficios ecosistémicos aos ciudadáns sendo preciso respectar a súa estrutura natural.
Non necesitan poda
Sinalan que as árbores non necesitan poda a menos que haxa un motivo xustificado. As podas drásticas nas que se elimina todo a ramaxe máis xove crean brotacións desequilibradas. Debido a isto, os puntos de inserción son máis febles e poden presentar problemas futuros de risco de desprendemento da ramaxe.
A diferencia do que se acostuma pensar as podas non rexuvenecen a árbore: a estresan e producen un grave dano á estrutura prexudicando a súa saúde.
Crecemento rápido e antinatural
Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras indican que as podas drásticas producen unhna sobreabundancia de crecemento anormalmente rápido, signo de que a árbore está sufrindo un trauma e reacciona medrando dun xeito antinatural nun intento desesperado de reemplazar a follaxe que perdeu a causa duna poda excesivamente severa.
Aumento da infeción por fungos
Sinalan, ademais, que con este tipo de podas se aumenta a posibilidade de infeción por fungos no interior da árbore. Isto pode conlevar o avance do apodrecemento e a enfermidade de maneira rápida.
A reducción drástica da copa da árbore, denominada desmoche ou terciado, só debe considerarse como o derradeiro recurso ou como unha medida provisional, previa a eliminación completa da árbore cando está non pode salvarse.