A Xunta de Galicia vén de comunicar que “suspende cautelarmente” a administración da vacina de Astrazeneca, que recibiron este sábado milleiros de veciñas e veciños da Área de Vigo.
Segue asi a indicación do Ministerio de Sanidade que ven de anunciar a sua suspensión por un principio de prudencia.
A Conselleria de Sanidade lembra que o sistema de trazabilidade permite identificar a vacina administrado coa persoa vacinada. Ata o momento, non se producíu en Galicia ningún caso de reacción adversa grave, aseguran dende a Xunta.
A Xunta estará atenta
O presidente Feijóo subliñou que é unha decisión tomada a nivel europeo por prudencia e amosouse seguro de que “seguiremos con esta vacina máis pronto que tarde”.
Feijóo lembrou que esta suspensión é por un período inicial de 15 días e insistiu en que haberá un seguimento de todas as persoas vacinadas.