Destacados Vigo al minuto

Marea denuncia que con 62.000 vigueses vivindo na pobreza, o Concello gasta millóns en “obras ornamentais”

Cita o proxecto para cubrir con metacrilato o tranvía de Castelao ou máis de 1 millón no edificio da antiga depuradora de Coruxo

O BNG de Vigo denuncia que o Concello executou "cero euros" de axudas sociais

Marea de Vigo alerta de que na modificación de crédito extraordinario, por 13 millóns, aprobado o venres, o Goberno Local volve destinar a maior parte a “obras ornamentais”.

Marea de Vigo, sinala que hai máis de 1 millón para campos de fútbol; 123.000€ para cubrir con metacrilato o tranvía de Castelao; 2,3 millóns para reformar a Praza Elíptica ou 1 millón para adaptar o antigo edificio da antiga depuradora de Coruxo.

62.000 vigueses viven na pobreza

A concelleira Oriana Méndez denuncia que o Goberno local prefire eses gastos en vez de “activar un ambicioso plan para a reactivación económica, a cobertura social e mesmo a alternativa habitacional” nunha cidade cun nivel de pobreza cronificado que “supera o 21%”.

Para a concelleira de Marea de Vigo non ten explicación que o Goberno local non considere urxente e acaído habilitar axudas directas ao sector da hostelaría e comercio local. Tampouco se xustifica que non aprobe un complemento económico para políticas de protección social, ou mesmo para a adquisición dun parque de vivenda de emerxencia.

Méndez non cree que sexa ético que o Goberno de Abel Caballero siga nunha “campaña publicitaria de ciclo permanente” mentres en Vigo os índices de pobreza aumentan de xeito galopante e se a exclusión social se consolida”.

Te podría interesar