Sin sección

O Consello Escolar Municipal, contra o derrubamento da Escola Infantil Santa Marta

CIG Ensino advirte de que «non hai solicitude algunha para realizar obras no Barrio do Cura»

Escuela Infantil Santa Marta, Vigo

CIG-Ensino vén de advertir que o Concello de Vigo segue sen comunicar prazos de execución de obras no Barrio do Cura, «que xustifiquen o traslado da Escola Infantil Santa Marta-Casco Vello coa urxencia que se pretende».

O sindicato sinala que «non constan solicitudes para a execución de obra algunha no Barrio do Cura», segundo informa a Xerencia de Urbanismo».

«Malia todo, o Concello continúa co seu proxecto de traslado e derrubamento, sen ofrecer prazos para as actuacións implicadas».

Oferta de prazas para o vindeiro curso e situación das traballadoras da escola

O sindicato congratúlase coa oferta de prazas de 0 anos para o vindeiro curso; porén mantén a preocupación polas traballadoras da escola. Esta preocupación ten a súa base na posibilidade de traslado do alumnado noutros centros e no feito de que, ademáis, pode finalizar a xestión de Santa Marta pola actual empresa adxudicataria. Esa reubicación pode traer graves trastornos ás familias. «A conxelación da oferta de 1 e 2 anos é outro perxuízo habida conta da demanda existente».

Sen previsións nin prazos para o traslado ao edificio de Instituto Municipal de Educación

O traslado da escola ao edificio do Instituto Municipal de Educación, no Camiño do Chouzo, a 1,5 km., obriga á realización de obras de reforma e acondicionamento para o novo uso. Ademais, «tampouco se dá a coñecer ningunha  previsión de reubicación nin de prazos para estas actuacións».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.