As Asociacións Veciñais de Teis, Chapela e Trasmañó, convocan unha manifestación, este sábado 27 de marzo ás 17:30 horas, desde a rotonda das Torres de Padín en Teis para finalizar na avenida de Buenos Aires, no acceso a autoestrada AP9.
As Asociacións convocantes esixen ao Ministerio de Transportes a eliminación da peaxe Redondela-Vigo, a conversión en tramo urbano da autoestrada AP9 desde Padín, medidas contra a contaminación acústica, pasos elevados seguros na Xorxa e na Trapa e a realización das obras da adenda en Chapela.