Dende hoxe pódense solicitar as axudas ao alugueiro dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da súa vivenda habitual a persoas con escasos recursos económicos. Así o anunciou onte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Maiores de 65 anos e menores de 35
A conselleira de Vivenda; Ángelez Vázquez, indicou que o programa conta con dúas liñas diferenciadas: unha destinada á poboación en xeral, en cuxo caso o importe máximo da axuda poderá ser de 200€ ao mes ou de 250€, se o solicitante ten máis de 65 anos; e outra dirixida a menores de 35 anos, que poderán acadar unha subvención de ata 250 euros. A duración da axuda será dun ano.
Esta nova convocatoria conta cunha dotación global de 2,27 millóns de euros e poderá solicitarse durante o prazo dun mes.
En canto aos posibles beneficiarios, a conselleira lembrou que, nestes momentos, máis de 5.000 galegos reciben axudas a través deste programa.