Voadora regresa aos escenarios de Galicia. A compañía de teatro de vangarda, liderada por Marta Pazos, achegará esta fin de semana a Vigo Hemos venido a darlo todo. A proposta da troupe galega poderase ver na na Sala Ártika do venres 9 ao domingo 11.
Hemos venido a darlo todo conta no seu reparto con Hugo Torres, Fer Epelde, Jose Díaz e Iria Acevedo. Trátase dunha singular proposta escénica que parte dos samplers sonoros que, no 1977, a NASA enviou ao espazo nun vinilo dourado, o Golden Record, coa idea de achegar unha escolma musical e sonora representativa da humanidade.