O Comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.
Ademais, determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.
Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona.
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 9 de abril.