A representación da CIG no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Vigo denuncia que o 90% do persoal está aínda sen vacinar.
Os representantes sindicales sinalan que das máis de 350 traballadoras do servizo, unicamente arredor dun 10% están vacinadas, algunhas coas dúas doses pero outras só coa primeira.
“Temos constancia de que a maior parte das traballadoras dos SAF dos concellos grandes non recibiron a vacina, ao contrario das localidades pequenas”, indica.
Cabe lembrar que este colectivo profesional está encadrado no grupo 3 da estratexia de vacinación, polo que tería que inmunizarse inmediatamente.