O conselleiro de Sanidade asegurou hoxe no Parlamento que ata o pasado vacinárase en Galicia a 546.630 persoas, o 23,1% da poboación. Julio García Comesaña adiantou que esta semana prevense administrar 138.500 vacinas, polo que se remataría cunha estimación de 685.130, que sería xa un 29% do total da poboación a vacinar.
Persoas con moi alto risco
García Comesaña informou de que comezou a vacinación de persoas con moi alto risco, ás que irán destinadas 35.000 doses de Moderna. Tamén adiantou que da vacina de Janssen, está previsto que se reciban mañá 8.500 doses.
De AstraZeneca agárdanse 7.500 vacinas, o que permitirá levar a cabo unha vacinación masiva de 15.000 persoas do grupo de 60 a 65 anos, a vindeira fin de semana.
Vacinación en domicilios
Iniciouse, -dixo tamén-, a vacinación a domicilio dos grandes dependentes e dos maiores de 80 anos que non puideron achegarse aos centros de saúde.
Paralelamente, séguense a vacinar aos grupos de idade de 75 a 79 e aos de 60 a 69.