Vilanova de Arousa pasa estar en restricións máximas, Ponteareas, estará no ‘nivel alto’ e Cangas, Gondomar e Vigo, no ‘nivel medio’.
Dende ás 00:00h luns, día 26, Vilanova de Arousa tamén estará baixo as ‘restricións máximas’ ante o aumento dos casos de COVID. Súmase a O Grove, A Pobra do Caramiñal, Cualedro e Carballeda de Valdeorras, e estará pechado perimetralmente.
O subcomité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento desta medida.
Ponteareas , no ‘nivel alto’
Así mesmo, o subcomité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Trabada, Barreiros, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia, e Ponteareas.
Cangas, Gondomar e Vigo, no ‘nivel medio’
Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, e Vigo.
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.