Galicia suma unha nova fin de semana sen mortes por accidentes de tráfico.
O persoal do 061 Galicia asistiu durante a fin de semana 39 persoas debido a 34 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres 23 , ata as 23:59 horas do domingo, 25 de abril.
Os recursos sanitarios mobilizados foron 39. Así, as ambulancias con soporte vital avanzado asistiron en 2 accidentes, as ambulancias con soporte vital básico mobilizáronse en 35 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.
En 32 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente