A Asociación Veciñal do Casco Vello presentou no Concello máis de 100 queixas relacionadas coa zona histórica. Os seus responsábeis lamentan a “deixadez” de distintos servizos municipais na atención das 55 rúas que abrangue esta asociación.
Dende a asociación e sinalan que as queixas refírense ao alumeado, seguridade viaria, xardíns, prazas e rúas do Casco Vello e, aseguran, a maioría están sen resolver.
Do ano 2018
Algunhas das quiexas reiteradas “veñen xa de 2019, 2020, incluso hai do ano 2018 sen resolver”. Todas elas, subliñan, están “presentadas con foto do reclamado, no Rexistro do Concello e o no 010″.