Pontevedra, recoñecida como ‘exemplo de cidade’, de novo por Europa. Esta é unha das conclusións da xornada que se celebrou na capital da provincia. O mesmo contou coa intervención de representantes da Comisión Europea; do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana; da Convención Escocesa de Autorides Locais e do propio Concello.
Mobilidade sustentable e menos contaminación
A súa aposta pola mobilidade sustentable ou a redución da contaminación son dous dos aspectos postos en valor polo modelo de cidade de Pontevedra.
“Nesta cidade é algo que se comprobou claramente. É necesaria unha mobilidade máis sustentable que nos permita recuperar espazo público para as persoas”, destacou Ángela de la Cruz, Subdirectora xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana.
O evento contou coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e de varios concelleiros, que fixeron un percorrido polos principais proxectos realizados na EDUSI de Pontevedra. Neste caso, o responsable de Obras Urbanas e Transporte, Demetrio Gómez, puxo en valor o servizo de transporte a demanda nas parroquias do rural. Por outra banda, o Tenente de Alcalde, Tino Fernández, referiuse á recuperación do tramo soterrado e posta en valor do río Gafos no tramo urbano.
Ademais de facer balance da actual xestión do programa EDUSI financiado con fondos FEDER, a xornada serviru para despexar dúbidas ao respecto dos Fondos Next Generation que se remitirán aos Estados membros da UE no marco do plan de recuperación económica da Covid, e dos fondos comunitarios do período 2021-2027.