Centos de persoas acudiron á manifestación convocada pola CIG e saíron á rúa en Vigo para apoiar ao Naval. A marcha arrincarou na Dobrada ás 18:00 horas e rematou no farol de Urzaiz onde leuse un manifesto.
O secretario comarcal da CIG que levan moito tempo alertando do continuado devalar industrial no conxunto de Galicia que, no caso de Vigo se está traducindo nunha verdadeira “desertización” da base produtiva no conxunto da bisbarra.
Máis de 5.000 empregos perdidos
Só en Vigo, hai agora 5.400 empregos industriais menos dos que había no ano 2009; e no último ano destruíronse uns 2.500 postos de traballo neste sector.
O responsable sindical apuntou á falla de política industrial por parte da Xunta, “en mans do PP, que ten colocado a industria da comarca nunha situación de total desamparo e abandono”.
O Naval vigués en risco de desaparecer
Para a CIG a situación do Naval, un sector estratéxico para a industria viguesa é dramático e o risco de desaparición, real. A proba é que chegou a representar preto de 10 mil postos de traballo, e hoxe ten menos da metade.
“Estamos a presenciar en directo o naufraxio do sector naval. Temos o antigo Vulcano nu caleixón sen saída, por culpa da brutal campaña antinaval emprendida polo PP desde a Autoridade Portuaria, para converter un estaleiro centenario nunha prolongación da terminal de contedores. E a Barreras, o principal estaleiro privado do estado Español, nun punto crítico, coas gradas paradas e sen carga de traballo á vista”.
Intervención pública directa
A CIG insiste en que o futuro de Barreras, e por extensión do conxunto do sector naval, pasa por unha intervención pública directa. “Diante da incapacidade do capital privado para poñer en marcha as enormes potencialidades do sector naval, blindar o futuro desta actividade estratéxica esixe dotar a ría de Vigo dun estaleiro público ou semipúblico, no que toda achega de diñeiro público estea condicionada á participación directa da toma de decisións”.
Alberto Goçalves advertiu que “o futuro desta comarca será industrial ou non será”. Porque, denunciou, “o monocultivo do Camiño de Santiago poderá encher páxinas de propaganda, pero non garantizará a continuidade da actividade produtiva e do emprego”.