A instalación de paneis solares no Mercado Municipal de Ponteareas “avanza a bo ritmo”: xa están colocadas as canalizacións dende a cuberta ata os inversores– encargados de converter a corrente continua que xeran as placas en corrente alterna-. Están tamén instalados 50 dos 86 módulos totais, e os restantes estarán listos esta semana.
Operativa xa este mes de xuño
A previsión é que a instalación remate a principio de xuño e empece a funcionar, o cal “permitirá aforrar nas arcas públicas en torno a un 50% na factura eléctrica do Mercado Municipal, da Escola Municipal de Música e da Biblioteca Municipal”.
Aposta pola sostenibilidade
Este proxecto conta co apoio do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e é unha aposta do Concello de Ponteareas pola sostibilidade enerxética.
A empresa galega Solarz, con sede en Ponteareas, é a encargada de
desenvolver este proxecto, e ten por misión fomentar o uso de enerxías limpas e renovables.