Esta iniciativa, impulsada pola ONG orensá Ledicia Cativa, desenrolase dene hai 15 anos e por familias de 34 concellos galegos, entre eles Vigo. Este ano chegan 33 nenos que viaxan por segunda vez e 33 que coñecerán Galicia nesta ocasión.
Segundo a presidenta da Comisión Parlamentaria Rusa sobre a Familia e a Infancia, Yelena B. Mizulina, Rusia ten agora máis nenos orfos ou abandonados que, preto de 700.000 que ao remate da II Guerra Mundial. Dacordo cos datos dos Ministerio de Educación daquel país, uns 540.000 rapaces foron acollidos por familias rusas, pero só 159.000 deles en réxime de adopción. Este importante número de cativos orfos débese, en parte, a problemas sociales e, noutra, a unha política aínda pouco desenrolada no eido do benestar.
A estos factores xúnguese a crise financiera que, ainda que ven de facilitar que haxa máis familias de acollida, non fai doado que opten pola adopción. As familias acolledoras reciben do Estado unha subvención inicial de 30.000 rublos (650 euros) e, logo, cada mes, cobran un salario de 2.500 rublos (55 euros) e un subsidio para cade neno de 10.000 rublos (220 euros).
Segundo o Defensor de Menores de Moscova, Alexei Golovan, o número de acollidas triplicouse en 2008, mentras que as adopcións diminuiron nun 14%, un dato que é aínda máis preocupante é que nos pasados tres anos 30.000 nenos foros devoltos ás institucións polos seus adoptantes, acolledores ou titores.
Por elo, o feito de que algúns deles poidan pasar o verán coñecendo outra cultura, outra paisaxe, formas de vida distintas, facendo novos amigos, coñecendo climas distintos e xeitos de vivir, de xantar, e de divertirse diferentes aos seus, ademáis de crear vencellos con familias galegas, favorece a súa recuperación, abren as súas perspectivas de futuro e achegaos a valores coma a igualdade, a solidaridade, o respeto, a diversidade ou a pluralidade de crenzas coma parte esencial das sociedades abertas e democráticas.