Galicia

O estado do encoro das Conchas chega ao Congreso

O deputado Juán López de Uralde pregunta pola grave afloración de cianobacterias

O estado do encoro das Conchas chega ao Congreso

O estado do encoro das Conchas chega ao Congreso, alí o deputado Juán López de Uralde rexistrou, a instancias de Ecoloxistas en Acción, unha pregunta para saber cal é a orixe do exceso de nutrintes no mesmo.

Contaminación das augas

Ecoloxistas en Acción denuncia que esta contaminación provoca, desde hai 10 anos, afloracións graves de cianobacterias.

Os ecoloxistas subliñan que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pese a ter competencia sobre as augas do encoro, “non aporta ningunha solución”. Tampouco explica a contaminación neste lugar que no seu día, albergaba turismo, economía e uso veciñal. Desde entón, “aparecen con toxididade  frecuentemente o que as fai perigosas para a saúde

A Xunta tampouco fai nada

Ecoloxistas en Acción apunta a que outras administracións, como a Xunta, “non se involucraron no asunto ata o ano pasado”. Daquela, organizaron unhas xornadas con axentes implicados, entre os que estaba a plataforma veciñal Auga Limpa XA, chamadas a Mesa da Limia. Destas xornadas concluiuse que había un grave problema de contaminación na Limia cuia orixe eran as macroexplotacións gandeiras da comarca, máis de 400 no 2019. Aínda así, nos últimos 2 anos, “a Xunta seguiu autorizando ampliacións a esas instalacións intensivas“.

E o Goberno do Estado?

Na pregunta, Juan López de Uralde tamén require ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que explique que medidas adoptou ou vai adoptar para remediar a grave situación da masa de auga do encoro.

También te puede interesar