Destacados Vigo al minuto

Vigo recibirá 2,3 millóns menos do que agardaba pola caída de ingresos no transporte público

O Goberno destina 5,7 millóns e o alcalde estimaba que serían 8

Vigo recibirá 2,3 millóns menos do que agardaba pola caída de ingresos no transporte público

Vigo recibirá 2,3 millóns menos do que agardaba pola caída de ingresos no transporte público que, dacordo co Goberno municipal, serán para compensar a Vitrasa. Hoxe coñeceuse que serán, finalmente 5,7 millóns.

Esta cantidade súmase aos 2,2 millóns que o Concello pagou xa á concesionaria, ainda que en conxunto non chegan aos 9,5 millóns que Vitrasa estima que perdeu durante a pandemia.

Lonxe da estimación do Concello, que agardaba 8 millóns

A cantidade aprobada polo Goberno está lonxe dos 8 millóns que o alcalde estimaba a principio de ano. Tampouco hai unha aclaración sobre si do que hai que pagar a Vitrasa vaise a descontar a cantidade que a empresa recibiu do Goberno cando presentou un ERTE na súa plantilla.

13,8 millóns do Goberno central para as cidades galegas

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe os 13,8 millóns de euros que vén de conceder o Executivo a cidades galegas pola caída de ingresos do transporte público a causa da pandemia.Con estas axudas directas recoñecemos o esforzo tamén excepcional que fixeron e seguen a facer os gobernos locais para seguir prestando servizos esenciais para a cidadanía nos momentos de crise sanitaria”, explicou o delegado.

José Miñones insistiu en que o Goberno “está cos concellos como protagonistas que son na vida cotiá das persoas” e lembrou outras medidas adoptadas que beneficiaron aos gobernos locais, como a suspensión das regras fiscais, que lles permite usar os remanentes de tesourería, ou os recursos incluídos nos Orzamentos. Ademais, coa actualización das entregas a conta da participación nos tributos do Estado, ingresarán un 3% máis que en 2020.

O BOE de hoxe publica o Real Decreto polo que se conceden subvencións a municipios que prestan o servizo de transporte público. Segundo o mesmo, cinco cidades galegas recibirán 13.817.582,35€, cantidade acordada en función da información achegada polos propios concellos sobre os ingresos do servizo do transporte urbano no ano anterior á pandemia, o 2019.

Esta cantidade corresponde ao 40% do que facturaron estes servizos nese ano, que é o que se estima que deixaron de ingresar polas restriccións de mobilidade e outras derivadas da pandemia.

ProvinciaEntidades localesIngresos computablesSubvención concedida
Coruña, A.Coruña (A).13.618.874,89 €5.447.549,96 €
Lugo.Lugo.952.857,71 €381.143,08 €
Ourense.Ourense.2.614.073,40 €1.045.629,36 €
Coruña, A.Santiago de Compostela.3.115.439,37 €1.246.175,75 €
Pontevedra.Vigo14.242.710,49 €5.697.084,20 €
 TOTALES34.543.955,86 €13.817.582,35 €

También te puede interesar