Esta noite pasada quedou extinguido o incendio de Salvaterra tras queimar 352 hectáreas dende o sábado.
Como informou vigoalminuto, as lapas chegaron ao concellos de Covelo e Mondariz. O mesmo sábado os veciños de Maceiras, en Salvaterra, e en Crespos, Mouriscados e Fontalbán, en Mondariz, tiveron que dixar as súas casas ante a proximidade do lume.
Dacordo coa infomación da Conselería de Medio Rural, o incendio quiemou 282 hectáreas arboradas e 70 rasas. Na súa extinción traballaron dous técnicos, 16 axentes, 60 brigadas, 37 motobombas, dúas pas e dous helicópteros.