A Xunta ván de activar a ‘alerta laranxa’ en Ourense e Lugo por choiva e treboadas.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta sinala que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que a partir das 12,00 horas de hoxe espérase un “fenómeno meteorolóxico adverso” cpn alerta laranxa na provincia de Lugo. Tamén afectará o sur, e ás zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense.
30 litros por metro cadrado e ventos moi fortes
As previsións advirten de precipitacións de 30l/m2 nunha hora, saraiba e refachos de vento moi fortes. Así mesmo, actívase alerta amarela por treboadas e choivas no interior das provincias da Coruña e Ourense.
O pronóstico de MeteoGalicia para hoxe é de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos de carácter tormentoso que serán máis intensos en puntos das provincias de Lugo e Ourense, onde estarán acompañados de pedrazo, aparato eléctrico e chuvias localmente fortes.
Choiva os próximos días
Para o xoves, día 17, cambia a situación atmosférica, xa que unha fronte fría chegará a Galicia deixando ceos con abundantes nubes e precipitacións, localmente de intensidade forte.
O venres, 18, continuará a inestabilidade e agárdanse intervalos de nubes e claros con algunha chuvia no extremo norte. Pola tarde irán medrando nubes de evolución que poderán dar lugar a chuvascos treboentos.
A fin de semana quedará marcada pola presenza de borrascas atlánticas, non moi activas, pero si bastante próximas a Galicia. As mesmas achegarán masas de aire fresco e húmido. Deste xeito agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros e probabilidade alta de chuvia. As temperaturas estarán por debaixo do habitual a esta altura do ano.