Comarcas

Porriño cancela o Campamento de Verán

É o primeiro concello que o fai

Porriño cancela o Campamento de Verán

Porriño cancela o Campamento de Verán. É o primeiro concello que o fai e o xustifica apuntando á situación motivada pola Covid-19“.

A medida ten coma obxectivo, “preservar a saúde das nenas e nenos”, apunta a concelleira de Igualdade, Cami Moreira, quen engade que “aínda non existen as garantías sanitarias suficientes nas actividades colectivas”.

Moreira asegura que é moi difícil que se impida o contacto entre as pequenos, “xa que as actividades de interacción son a base da maior parte dos xogos nos campamentos”.

Por todo iso, conclúe, “decidimos apostar pola prudencia e a seguridade, dos cativos, das súas familias e dos seus entorno máis próximos”. O Concello agarda retomar a realización do campamento o ano que vén.

También te puede interesar