Comarcas

Nigrán manterá pechadas as súas praias a noite de San Xoán

As forzas de seguridade desaloxarán as praias ás 21:00h. do mércores, día 23

San Xoán

Nigrán manterá perchadas as súas praias a noite de San Xoán. O Concello impedirá que se celebren as tradicionais cacharelas nos areais.

Desde xeito, as forzas de seguridade desaloxarán as praias ás 21:00h. do mércores, 23 de xuño. As mesmas quedarán precintadas ata as 8:00h. do xoves 24.

Igualmente, durante todo o día 23 non se permitirá a entrada con bebidas alcohólicas ou calquera elemento para facer fogueiras. A tal efecto, o Concello de Nigrán ven de publicar un bando.

“Todas as medidas de seguridade sanitaria establecidas por mor do Covid-19 e o propio sentido da responsabilidade impiden que este ano retomemos as tradicionais cacharelas que cada ano confecciona o Concello en Panxón e tampouco haberá verbena”, xusifica o alcalde, Juan González.

“Este evento reúne a miles de persoas, é o máis multitudinario de Nigrán, e aínda que a situación mellorou moito con respecto a 2020 todavía non é o momento, agardamos que en 2022 si sexa xa posible. Agora toca festexalo no eido privado. Paciencia, cariño e calma porque ímos no bo camiño”, engade.

Así, desde o Concello de Nigrán outorgáronse 56 permisos a particulares, revogándose dous que pertencían a asociacións ao prohibir a Xunta calqueira fogueira en espazos públicos.

Actividades paralelas

O Concello ofrece unha programación alternativa para este día festivo de gran raigame en Panxón.

Por unha banda haberá un show infantil do Rey Midas o mércores 23 ás 19:00h. no Paseo Marítimo; ás 22:30, concerto estelar do grupo vigués Broken Peach no espazo deportivo Dunas de Gaifar (entrada de balde ata completar o aforo).

Ao día seguinte, xa día de San Xoan, patrón de Panxón, o Concello ofrece ás 13:00h. no peirao un concerto a cargo da Banda de Música do Val Miñor.

También te puede interesar