O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión da viguesa Noelia Otero como deputada do PSdG-PSOE por Pontevedra. Substitúe a Isaura Abelairas, recentemente falecida.
Noelia Otero (Vigo, 1980) é licenciada en Xornalismo e conta co título de especialista en Información Internacional e países do sur. Exerceu como redactora en Onda Cero entre 2004 e 2005. Dez anos editora e locutora en Cadena Ser. Tres como directora presentadora de programas en TVG con Productora Faro e dous en Telecinco, como reporteira xornalista de ‘El Programa de Ana Rosa’. Codirectora do programa ‘Las Cosas Claras’, de TVE, entre 2020 e 2021. Tamén foi directora e coordinadora do Laboratorio de Ideas do PSdeG en 2020.