Comarcas

Tomiño súmase á rede galega ‘Praias sen fume’ e pide non fumar na de Goián

O Concello convida á cidadanía a realizar unha enquisa sobre o tema

Tomiño súmase á rede galega 'Praias sen fume' e pide non fumar na de Goián

O Concello de Tomiño vén de adherirse á rede galega de ‘Praias sen fume’. Por este motivo, o areal da praia fluvial de Goián manterase a partir de agora libre de cabichas e de malos fumes.

“Non pretendemos recadar, senón educar e concienciar”

A medida ten, sobre todo, un fin educativo e de sensibilización social, razón pola que non haberá sanción polo incumprimento. “Xa que non pretendemos recadar, senón educar e concienciar, non sancionaremos, apelando en todo caso á responsabilidade  cívica de cada persoa”, explican dende o Concello.

A medida busca evitar, ademais da evidente molestia para as persoas non fumadoras, o feito de atoparse con cabichas na área, ou que as nenas e os nenos vexan natural o feito de fumar diante deles, normalizando un hábito prexudicial para a saúde.

Enquisa entre os veciños

Paralelamente á toma da decisión, o Concello convida á cidadanía a realizar unha enquisaentrando aquí– co fin de coñecer a súa opinión respecto do tema.

“Toda prohibición acostuma xerar enfrontamento na opinión pública; non é o que pretendemos e por iso nos interesa coñecer a opinión das persoas que utilizan a praia de Goián”, comentan.  

También te puede interesar