O presidente Feijóo confirmou hoxe que xa se pode solicitar a tramitación da eutanasia en Galicia. Este venres entrará en vigor a lei orgánica que a regula. A mesma fora aprobada en marzo cos votos en contra da extrema dereita e do PP. Precisamente, o Partido Popular, anunciou que a recorrería no Tribunal Consitucional-.
Feijóo apuntou que non está creada a comisión de garantías – que debe de tomar a decisión última se hai conflito- pero, concluiu que iso non impedirá aplicar a lei.
O presidente volveu a defender a normativa galega de Coidados Paliativos, aprobada en 2015 que, ao seu xuízo “era máis respectuosa coas distintas sensibilidades”.