Comarcas

A Xunta destina 71.000€ para contratar 24 socorristas en concellos da área de Vigo

Son os de Moaña, Redondela, Mos, Pazos de Borbén, Baiona e Nigrán

O Concello de Vigo oferta 25 prazas no curso de capacitación de socorrista

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe que o Executivo autonómico apoiará a contratación de 24 socorristas con preto de 71.000€ para traballar nos meses de xullo e agosto en seis concellos da área viguesa.

Deste xeito, explicou a Administración galega colabora coas entidades locais para garantir a seguridade en praias e piscinas durante a tempada de verán.

Moaña, Redondela, Mos, Pazos de Borbén, Baiona e Nigrán

Atendendo ao reparto por municipios, Moaña e Redondela, aos que se destinan 18.000€ por concello, contarán con seis cada un; se asignan dous a Mos e a Pazos de Borbén por importes de 6.400 e 3.947,40€. Por último, no Val Miñor (Baiona e Nigrán) a Xunta financia con 24.609,36€ a contratación de 8 socorristas.

Esta axuda, segundo apuntou a delegada, supón ademais unha oportunidade para as persoas desempregadas de adquirir unha experiencia laboral.

También te puede interesar