Comarcas Vigo al minuto

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para a primeira das DepoAndainas

Dende as 10:00h xa se pode reservar praza

Depoandainas

A Deputación de Pontevedra abre este luns, 28 de xuño, o prazo de inscrición para a primeira das DepoAndainas. A mesma transcorrerá o domingo 18 de xullo pola Vía Verde que une os concellos de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía de Arousa.

As persoas que desexen realizar esta actividade, de carácter gratuíto, terán que encher un cuestionario que estará dispoñible a partir das 10 horas no sitio web da Deputación (www.depo.gal). O prazo para inscribirse remata o 12 de xullo.

Percorrido circular

O percorrido da primeira das DepoAndainas será circular e sairá da Carballeira de Caldas de Reis ás 10.00 horas. Cunha dificultade baixa e 13 quilómetros de distancia, a camiñada comezará percorrendo a senda peonil en dirección ao concello de Portas.

Esta senda foi financiada na súa maior parte pola Deputación, que xunto a achegas dos tres concellos polos que transcorre, fixeron posible que a comarca do Salnés conte coa primeira vía destas características que transcorre integramente por Galicia.

Seguintes rutas

Durante os meses do verán o programa provincial ofrecerá outras tres rutas: todas elas percorrerán enclaves emblemáticos da provincia e contarán con 200 prazas cada unha.

A seguinte será unha ruta polos muíños de Golfaríz, no concello da Estrada, o domingo 1 de agosto. O seu prazo de inscrición abrirá o 19 de xullo.

As DepoAndainas chegarán ao concello de Mondariz cun percorrido polo río Tea o domingo 22 de agosto. Para poder participar nesta camiñada será preciso reservar praza a partir do 2 de agosto.

A derradeira destas rutas terá lugar o 12 de setembro pola Senda Azul do río Verdugo, en Ponte Caldeas. O prazo de inscrición abrirase o 23 de agosto.

También te puede interesar