Os vigueses poden solicitar directamente no Concello as becas de libros e comedor. O prazo para pedilas remata este mércores, dia 7 de xullo e, para facilitar o trámite, será posible facelo sen cita previa.
Para iso haberá unha ‘xanela’ específica no edificio municipal porque, subliñou hoxe o alcalde, “nin un so neno quedará sen beca”.
Máis de 3.000 solicitudes
Ata hoxe o Concello recibiu máis de 3.000 solicitudes e, apuntou Abel Caballero, “non hai límite orzamentario”. Este ano están reservados 1.280.000€ para becas de libros e comedor, 75.000 máis que en 2020. Ademais, lembrou o alcalde, á convocatoria hai que sumar o convenio con FOANPAS de 791.000€.
Caballero anunciou que o presuposto para becas de libros e material escolar sube un 35% e as contías pasan de 85 a 100€.