Ecoloxistas en Acción solicita ao Ministerio para Transición Ecolóxica que rexeite os proxectos de eólica mariña que conlevan aterraxes das liñas de evacuación da enerxía a través de praias.
Estes aterraxes, advirten os ecoloxistas, conlevan un gran impacto ambiental. Por iso, indican, deben acometerse por zonas xa degradadas, non por zonas de alto valor ecolóxico.
O despregamento das lineas de evacuación carrexa a apertura de gabias de considerables dimensións. Ademáis supón a cimentación de fixacións tanto no trazado mergullado como no parte terrestre.
Ecoloxistas en Acción alerta que no proxecto do Parque Eólico Mariño San Brandán como no de San Cibrao, ambos de Iberdrola, “as localizacións dos aterraxes están claramente escollidas por criterios exclusivamente economicistas“.
Degradación das praias
As alternativas escollidas son a través de areais, cando nas inmediacións existen zonas degradadas como instalacións portuarias, embarcadeiros ou polígonos industriais.
Así o documento inicial do Parque Eólico Mariño de San Brandán propón alternativas de aterraxe a través das praias de Esteiro, Portocelo e Limosa. Tamén no Parque Eólico Mariño de San Cibrao se propoñen as mesmas praias.
Ecoloxistas en Acción demanda ao Goberno que rexeite estos proxectos se isto non se corrixe.