Se eres muller e discapacitada, dende hoxe tes un novo lugar ao que acudir. Por primeira vez en Galicia bota a andar unha asociación de persoas con discapacidade formada só por mulleres coa intención de promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en todos os ámbitos da sociedade, Acadar.
E para iso, traballarase na promoción da plena integración escolar, laboral, familiar e social das mulleres, na defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo e na promoción da lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
A asociación desenvolverá programas e actividades dirixidos especificamente a estas mulleres en infancia, xuventude e terceira idade; iniciativas deportivas, culturais, educativas e de lecer; e programas de cooperación e desenvolvemento no exterior. As áreas de traballo: educación, formación, emprego, violencia de xénero, saúde, maternidade, sexualidade e vida independente.
Se queres contactar con elas só tes que enviar un mail a [email protected].