O fin de semana celébrase Santa Mariña de Cabral, o Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas e a Virxe do Carme en Coruxo. O Concello e as Comisións de Festas acordaron distintas actividades cara ao fin de semana.
Cabral
En Cabral o sábado 17, ás 20 horas, haberá actuación folclórica enmarcada no “Vente con nós”, logo actuará Crónicas Pop e ás 22h Bafana Bafana. O domingo continúa a festa ás 13 horas coa Banda Delicias del Caeiro, ás 19 haberá unha actuación infantil e logo actuará o grupo de gaitas de Coto Grande de Cabral.
Bouzas e Coruxo
En Bouzas a actividade festiva comeza o sábado ás 21 horas con Phanton Club. O domingo ás 13 horas actúa a Banda de Música de Matamá e ás 19 haberá actuación infantil. Pola súa banda, en Coruxo estará a Banda de Coruxo ás 11 da mañá do venres.