Destacados Vigo al minuto

O BNG reclama a RENFE manter o tren directo entre Ponferrada e Vigo

Suprime o enlace con saída ás 6.15h e con chegada a Guixar ás 11.27 h.

El Gobierno destina 48,8 millones a modernizar la línea férrea entre Vigo-Guixar y Redondela

O BNG denuncia un «novo recorte dos servizos ferroviarios» tras coñecer a decisión do Goberno de suprimir o tren directo entre Ponferrada e Vigo.

Renfe suprime o tren directo entre Ponferrada e Vigo con saída ás 6.15h e con chegada a Guixar ás 11.27 h. Con esta medida, os veciños do sur de Lugo, Ourense e Pontevedra perden unha das súas principais conexións ferroviarias.

Dúas horas máis de viaxe a Vigo

«Esta liña ferroviaria conecta non só Vigo con Ourense e Ponferrada, senón que da servizo a veciñanza de vilas como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Monforte, Ribadavia, Salvaterra, O Porriño e Redondela que veranse privados dun servizo básico como é o transporte ferroviario» denuncia Rego.

Coa supresión da conexión as persoas que viaxen a Vigo desde Ponferrada ou Valdeorras tardarán dúas horas máis. «De 4h e 30 minutos, a viaxe pasará a 6 horas e 30 minutos por ter que facer un transbordo en Ourense».

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala que o Goberno está a «desmantelando os servizos ferroviarios de Galicia«. Ademáis, engade, ten unha folla de ruta calculada para seguir pechando estacións e suprimir liñas».

Esta estratexia, sinala Rego, é parte dunha «visión centralista que prima as conexións con Madrid e deixa esmorecer os servizos ferroviarios do interior de Galicia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.