María Pérez (As Torres) e Manuel Garrido (Kayak Tudense), padexeiros pertencentes á Federación Galega de Piragüismo, obtiveron moi bos resultados na I Copa do Mundo de Maratón que se celebrou esta fin de semana na localidade de Tyd Nad Vlatavou, na República Checa.
Manuel fíxose cun meritorio segundo posto na categoría Home Sénior C-1, completando o percorrido de 25,8 kilómetros nun tempo de 02:06:55.64, tan só un minuto e dezasete segundos por detrás do gañador da proba, o alemán Ebhardt Matthias.
Por outra banda, a embarcación que compartiron María e a vasca Naiara Gómez (Club Piragüismo Getxo), quenes participaron na categoría Dama Sénior K-2, conseguiu facerse co bronce, completando unha distancia de 25,8 kilómetros en pouco máis de dúas horas (02:00:20,05), a tan só dous minutos de diferencia do kaiak gañador.