Galicia Vigo al minuto

Vigo, máis ‘cidade de cor’

Xa son 133 as intervencións nos espazos urbanos, rúas e colexios da cidade

Vigo máis 'cidade de cor'

Catro artistas xa ten rematados os murais da VII edición do programa municipal “Vigo, cidade de cor” que da visibilidade a artistas nacionais e internacionais. As obras están en José Fiaño 12; Mestre Chané 9; CEIP Emilia Pardo Bazán e Balaídos 31 e corresponden a Ampparito, Expostas, Xoana Almar e Taquen, neste orden.

O alcalde e a presidenta da Deputación, visitaron a medianeira do pavillón do Carballal, unha obra de Amaia Arrazola que está a piques de rematar. En pouco tempo tamén poderase ver completa a obra de Honey, en Beiramar 115, a actuación de Roberto Argüelles no CEIP Mestres Goldar e o mural de Davida, nas Escaleiras da Seara.

15 murais este ano

En total son 15 os murais de arte urbano que foron seleccionados nesta VII edición de ‘Vigo, cidade de cor’, que se ven celebrando desde o ano 2015.

Este 2021 adicáronse 480.000€ para as medianeiras e o mantemento das mesmas. En total xa son 133 as intervencións nos espazos urbanos, rúas e colexios da cidade.

Te podría interesar