Destacados Vigo al minuto

En Vigo poden abrir casinos e bingos e a Xunta autoriza concertos con 2.500 persoas

Tamén permítese servizo de terraza nos locais de lecer nocturno

En Vigo poden abrir casinos e bingos e a Xunta autoriza concertos con 2.500 persoas

Ademáis das medidas adiantadas polo presidente Feijóo e publicadas en vigoalminuto, os casinos e bingos de Vigo poderán abrir e están permitidos concertos con ata 2.500 persoas. Ademáis, admítese que o lecer nocturno abra as súas terrazas ata as 01:00h.

Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) bis que establece as restricións que empezan a aplicarse en Galicia ás 00:00h. deste sábado, día 24.

Concertos en todos os concellos

O Goberno de Galicia permite a celebración de concertos en todos os concellos, sempre co público sentado. No caso dos concellos con incidencia alta– como Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán O Rosal e Tomiño– non poderán superar as 2.500 persoas nin o 50% da súa capacidade.

Vodas

En vodas e eventos contratados en restaurantes para esta fin de semana, permítese manter a previsión que tiñan se o concello onde se vai a celebrar aumenta o nivel de restricións.    

Lecer nocturno

Así mesmo, a Xunta permite a apertura dos establecementos de lecer nocturno nos concellos cos niveis máis altos de restricións. Iso sí: só poderá haber servizo nas terrazas, non no interior.

Casinos, bingos, salóns recreativos ou tómbolas

Os casinos, bingos, salóns recreativos ou tómbolas abrirán, pero non poderán superar 50% da súa capacidade. Ademais, coma na hostalaría, será obrigatorio presentar un certificado de vacinación, superación da enfermidade ou PCR negativa.

O BNG de Vigo pide ao alcalde máis restricións

O Bloque Nacionalista Galego demandou ao Goberno de Vigo novas restricións ou o adiamento de eventos con grande afluencia de público.

Para o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, os datos sanitarios son “moi preocupantes” e esixen despregar medidas adicionais para conter o avance do virus.

Igrexas apunta que “nas últimas horas produciuse o maior incremento de casos de Covid19 desde o inicio da pandemia, con 367 novos positivos. Diante desta evolución, subliña, “non podemos ollar para outra parte ou facer como que non pasa nada”, explicou

Te podría interesar